Eloy Velasco

Eloy Velasco

Biografía

Eloy Velasco é maxistrado da Audiencia Nacional, con destino actualmente no Xulgado Central de Instrución nº 6.

Punto de contacto da Rede Xudicial penal Europea, participou en numerosos foros formativos dedicados ao estudo das novas tecnoloxías e a súa incidencia no campo da delincuencia informática, materia sobre a que versa a súa tese doutoral “Delincuencia a través de Internet y nuevas tecnologías: aspectos procesales”.

Entre os seus recoñecementos destaca o premio como “Mellor xurista para o Dereito Dixital”, concedido en 2014 por ENATIC, e  a Medalla de ouro en Ciberseguridade ao Mellor Xuíz, concedida tamén en 2014 pola cátedra UDIMA e a Asociación Nacional de Tasadores e Peritos Informáticos Xudiciais.

É autor do libro “Ejecución de sentencias penales”, coautor do libro “El juicio de faltas (Aspectos penales y procesales)”, e partícipe co artigo “Droga y dinero negro” no libro común “Manual de lucha contra la droga”, dirixido por Nicolás Marchal, e co de “Medidas cautelares sobre la Persona Jurídica delincuente” no libro común “Aspectos prácticos de la responsabilidad criminal de las personas jurídicas”, coordinado por José Miguel Zugaldía e Elena Blanca Marín de Espinosa.

Intervención de Eloy Velasco

  • 28-Set-2016
17:00

Mesa Redonda – “Os medios de proba dixitais: ¿area entre os dedos?”