Pilar Vila

Pilar Vila

Biografía

Enxeñeira informática pola Universidade da Coruña. Actualmente, CEO de Forensic&Security, empresa especializada en ciberseguridade e informática forense. Membro do corpo oficial de Peritos de Galicia, está en posesión da acreditación da Asociación Nacional de Ciberseguridade e Pericia Tecnolóxica.

Docente de Informática Forense en másteres de distintas universidades, como a Internacional da Rioxa, a de Extremadura, a de Castela A Mancha e La Salle de Barcelona. Docente nas xornadas de seguridade informática do Plan Director para a Garda Civil e a Policía Nacional de Galicia.

Coorganizadora do evento de ciberseguridade María Pita DefCon.

Intervención de Pilar Vila

  • 04-Out-2017
12:10

Ciberseguridade e peritaxe informática