Francisco G. Moran

Francisco G. Moran

Biografía

Francisco García Morán  estudiou Matemáticas na Universidade de Sevilla e Informática na Politécnica de Madrid.

É desde 2013 asesor xefe en Tecnoloxías da Información e Comunicación da Comisión Europea, con dependencia directa  do vicepresidente da Comisión Europea responsable da Administración e das Relacións Interinstitucionais.

Está especializado en administración electrónica, interoperabilidade, xestión e gobernanza das TIC  e seguridade informática, temas sobre os que participa como relator en numerosos foros internacionais.

Vinculado profesionalmente á Comisión Europea desde 1986, asumíu nestas tres décadas sucesivas responsabilidades. Foi director de Informática da Dirección Xeral de Persoal e Administración e responsable da creación en 2004 da  nueva Dirección Xeral de Informática (DIGIT), da que foi nomeado director xeral en 2005.

No curso académico 2014-2015, grazas a un Fellowship da Comisión Europea, realizou tarefas de investigación na Universidade de California en Berkeley sobre como a cidadanía e a sociedade civil poden axudar ás administracións públicas a prestar máis e mellores servizos dixitais.

É membro externo do Comité de Arquitectura Informática do Banco Central Europeo.

Está en posesión da Orde do Mérito Civil, recibida en 2010 pola súa traxectoria profesional.

Intervención de Francisco G. Moran

  • 28-Set-2016
10:50

Política europea para a seguridade na Sociedade da Información