Eloy Velasco

Eloy Velasco

Biografía

Maxistrado da Audiencia Nacional, con destino actualmente na Sala de Apelación.

Punto de contacto da Rede Xudicial Penal Europea, participou en numerosos foros formativos dedicados ao estudo das novas tecnoloxías e a súa incidencia no campo da delincuencia informática, materia sobre a que versa a súa tese doutoral Delincuencia a través de Internet y nuevas tecnologías: aspectos procesales.

Entre os seus recoñecementos destaca o premio como Mellor xurista para o Dereito Dixital, concedido en 2014 por ENATIC, e  a Medalla de ouro en Ciberseguridade ao Mellor Xuíz, concedida en 2014 pola cátedra UDIMA e a Asociación Nacional de Tasadores e Peritos Informáticos Xudiciais.

É autor do libro Ejecución de sentencias penales, coautor do libro El juicio de faltas (Aspectos penales y procesales) e partícipe co artigo Droga y dinero negro no libro común Manual de lucha contra la droga, dirixido por Nicolás Marchal, e co de Medidas cautelares sobre la persona jurídica delincuente no libro común Aspectos prácticos de la responsabilidad criminal de las personas jurídicas, coordinado por José Miguel Zugaldía e Elena Blanca Marín de Espinosa.

Intervención de Eloy Velasco

  • Relator/Moderador04-Out-2017
17:40

Mesa Redonda II