Presentación

VI Xornada Xudicial

En 2015 coñeceronse en España un total de 60.154 casos enmarcados na categoría da cibercriminalidade, segundo o Informe anual do Ministerio do Interior. Este dato estatístico ilustra a urxencia de dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica e mellorar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial, mediante o uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.
Fraudes informáticos, robos de información, espionaxe industrial, ameazas, coaccións, malware. A listaxe de ciberdelitos crece cada ano en todo o mundo, ata tal punto que a ciberseguridade é neste intre un dos grandes retos da comunidade internacional, no que están comprometidas Administracións, profesionais e empresas.

Para contribuir a respostar a ese inmenso desafío, o Cpetig organiza, co patrocinio da Amtega e a dirección técnica de Víctor Salgado, avogado-socio do Bufete Pintos & Salgado, a VI edición da Xornada de Informática Xudicial, que terá lugar o 28 de setembro en Santiago baixo o título Privacidade, e-Xustiza e Seguridade en infraestruturas críticas.
Esta xornada, dirixida a xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados e xuristas en xeral, enmárcase no compromiso do Cpetig de ofrecer formación para que o colectivo de profesionais da xustiza coñeza mellor a esixente nova realidade tecnolóxica. Neste contexto, o obxectivo da sesión é informar e concienciar a estes profesionais dos avances en materia probatoria nos casos nos que interveña o factor informático no proceso e poñer en valor os importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial, así como a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática.
O equipo de relatores da VI Xornada de Informática Xudicial está composto por Samuel Parra, avogado TIC; Francisco García Morán, conselleiro xefe TIC da CE; Iñaki Vicuña, director do Centro de Documentación Xudicial; David Barroso, Ceo de CounterCraft; Silvia Barrera, inspectora da UIT da Policía Nacional; e Eloy Velasco, maxistrado da Audiencia Nacional.


Hablaremos sobre

  • Ciberseguridade
  • Seguridade Informática
  • Proba Electrónia
  • Hackers

Coñece os Relatores

i-vicuna
Iñaki Vicuña de Nicolás

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Xurista especialista en TIC, letrado Maior do Consello ...

David Barroso
David Barroso

David Barroso é o fundador de CounterCraft, unha startup española que está revolucionando o panorama ...

eloy-velasco-web
Eloy Velasco

Eloy Velasco é maxistrado da Audiencia Nacional, con destino actualmente no Xulgado Central de Instrución ...

Samuel-Parra-web
Samuel Parra

Samuel Parra é licenciado en Dereito, especializado en Dereito Informático e Tecnolóxico. É autor dun ...

Francisco G. Moran
Francisco G. Moran

Francisco García Morán  estudiou Matemáticas na Universidade de Sevilla e Informática na Politécnica de Madrid. ...

Nuestro objetivo es informar y concienciar

Formación en novos delitos Informáticos

Formar ao noso poder xudicial e aos xuristas en xeral ao fin de, non só coñecer a lexislación, senón tamén ...

Asesoramento informático

Informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso

Seguridade xurídica

Dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica á vez que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa ...

Colabora

logo_pintos_salgado

Organiza

logo-cpetig-f

Patrocinan

Logo-Xunta
amtega