VI Xornada Xudicial

28 Setembro 2016

Privacidad, E-Justicia y Seguridad en Infraestructuras Crítica

En 2015 coñeceronse en España un total de 60.154 casos enmarcados na categoría da cibercriminalidade, segundo o Informe anual do Ministerio do Interior. Este dato estatístico ilustra a urxencia de dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica e mellorar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial, mediante o uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.
Fraudes informáticos, robos de información, espionaxe industrial, ameazas, coaccións, malware. A listaxe de ciberdelitos crece cada ano en todo o mundo, ata tal punto que a ciberseguridade é neste intre un dos grandes retos da comunidade internacional, no que están comprometidas Administracións, profesionais e empresas.

Para contribuir a respostar a ese inmenso desafío, o Cpetig organiza, co patrocinio da Amtega e a dirección técnica de Víctor Salgado, avogado-socio do Bufete Pintos & Salgado, a VI edición da Xornada de Informática Xudicial, que terá lugar o 28 de setembro en Santiago baixo o título Privacidade, e-Xustiza e Seguridade en infraestruturas críticas.

Esta xornada, dirixida a xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados e xuristas en xeral, enmárcase no compromiso do Cpetig de ofrecer formación para que o colectivo de profesionais da xustiza coñeza mellor a esixente nova realidade tecnolóxica. Neste contexto, o obxectivo da sesión é informar e concienciar a estes profesionais dos avances en materia probatoria nos casos nos que interveña o factor informático no proceso e poñer en valor os importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial, así como a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática.


Equipo relatores

  • Francisco García Morán
  • Iñaki Vicuña
  • David Barroso
  • Eloy Velasco
  • Samuel Parra

Programa

PRIVACIDAD, E-JUSTICIA Y SEGURIDAD EN INFRAESTRUCTURAS CRÍTICAS

  • Miércoles28-09-2016
9:00

Recepción e Entrega do Material

9:30

Presentación VI Xornada Xudicial

Presentación da VI Xornada Xudicial Privacidade, E-Xustiza e Seguridade en Infraestruturas Críticas  


VI Xornada Informática Xudicial
10:00

¿Quo vadis privacidade?

”Claves do novo Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos”


Samuel-Parra-web
Samuel Parra
10:50

Política europea para a seguridade na Sociedade da Información


Francisco G. Moran
Francisco G. Moran
11:40

Descanso Café


VI Xornada Informática Xudicial
12:10

”As TIC na Administración de Xustiza: Misión non-imposible”


i-vicuna
Iñaki Vicuña de Nicolás
13:00

Mesa Redonda – “Privacidade, seguridade e xustiza. ¿É posible o equilibrio no século XXI?”

Modera Víctor Salgado (Avogado TIC, @abonauta)


VI Xornada Informática Xudicial
14:00

Xantar

Xantar


VI Xornada Informática Xudicial
16:00

”A seguridade ante as ameazas informáticas e a deepweb”


David Barroso
David Barroso
17:00

Mesa Redonda – “Os medios de proba dixitais: ¿area entre os dedos?”


eloy-velasco-web
Eloy Velasco
19:00

Clausura

Peche da VI Xornada de Informática Xudicial


VI Xornada Informática Xudicial

Relatores

i-vicuna
Iñaki Vicuña de Nicolás

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Xurista especialista en TIC, letrado Maior do Consello ...

David Barroso
David Barroso

David Barroso é o fundador de CounterCraft, unha startup española que está revolucionando o panorama ...

eloy-velasco-web
Eloy Velasco

Eloy Velasco é maxistrado da Audiencia Nacional, con destino actualmente no Xulgado Central de Instrución ...

Samuel-Parra-web
Samuel Parra

Samuel Parra é licenciado en Dereito, especializado en Dereito Informático e Tecnolóxico. É autor dun ...

Francisco G. Moran
Francisco G. Moran

Francisco García Morán  estudiou Matemáticas na Universidade de Sevilla e Informática na Politécnica de Madrid. ...

Noso obxectivo de informar e concienciar

Formación en novos delitos Informáticos

Formar ao noso poder xudicial e aos xuristas en xeral ao fin de, non só coñecer a lexislación, senón tamén a nova realidade tecnolóxica

Asesoramento informático

Informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso

Seguridade xurídica

Dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica á vez que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses ...

¿QUERES ASISTIR ÁS XORNADAS?

As Xornadas de Informática Xudicial serán toda unha experiencia, onde poderás coñecer os puntos de vista de relatores de diferentes ámbitos.

Colabora

logo_pintos_salgado

Organiza

logo-cpetig-f

Patrocinan

amtega
Logo-Xunta